Últimas novas Carreira Profesional
Novo prazo adicional do grao inicial con efecto retroactivo
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
NOVO PRAZO ADICIONAL DO GRAO INICIAL CON EFECTO RETROACTIVO
CIG- Saúde acada o acordo dun novo e derradeiro prazo adicional para presentar solicitudes de grao inicial con efectos retroactivos ata o 7 de agosto de 2018:
- para todos/as aqueles/as profesionais que non teñen solicitado o grao inicial
- e, para os/as que poden mellorar a retroactividade do grao inicial xa solicitado
Este prazo abrirase nos próximos meses de marzo e abril
ENCADRE E CARREIRA ORDINARIA DO ANO 2023
Hai preto de 10.000 profesionais cunha avaliación favorable co que se estima que se lle aboará un novo grao de carreira profesional na nómina de febreiro con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2024.
As solicitudes que están en trámite de alegacións, resolveranse en febreiro marzo.
ACORDO "RÍO HORTEGA / JUAN RODÉS" DOG 25 01/2024)
Mandaranse os modelos de comunicación ás persoas interesadas a próxima semana , para que os presenten.
- Un modelo sería para o persoal que ten actualmente un contrato laboral Río Hortega ou Juan Rodés vixente, que se transformaría nun contrato estatutario.
- O outro, para o actual persoal estatutario que anteriormente estivera contratado cuns deses contratos laborais.
Os servizos prestados como laborais Río Hortega ou Juan Rodés serán computados como estatutarios a efectos de carreira profesional a quenes presenten a solicitude.