Últimas novas Carreira Profesional
Reunión do 24 de novembro
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
ENQUISAS PARA A VALORACIÓN DAS COMPETENCIAS PERSOAIS NA CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA 2023
Con carácter xeral, cada persoa solicitante dun grao de carreira profesional no ano 2023, será avaliado mediante 5 enquisas: por si mesmo, polo mando intermedio e por 3 compañeiros/as.
As enquisas a compañeiros/as asignaran se de forma aleatoria.
As enquisas estarán dispoñibles no FIDES dende o día 29 de novembro e estarán visibles ata o día 18 de decembro.
- As persoas con enquisas para realizar recibirán unha notificación por SMS e polo correo electrónico corporativo.
- Estará habilitado un botón de rexeite da enquisa para aquelas persoas que non poidan avaliar por non coñecer ou non coincidir coa persoa avaliada.
RECORDADE: asignarase 1 punto na Área IV de Compromiso coa organización para carreira profesional , por contestar TODAS as enquisas asignadas este ano.
IMPORTANTE
Solicitamos que as persoas que solicitaron o grao II de carreira de encadramento na convocatoria do 2023 revisen o estado da súa solicitude no FIDES.
-Hai 71 profesionais que teñen a solicitude en estado de borrador ou pendente de validar.
Se estades nese caso, poñédevos en contacto canto antes cos/as delegados/as de CIG Saúde do voso centro.