Últimas novas OPE enfermeiro/a

Previsións de publicación no DOG

Está prevista a publicación no DOG de mañá día 12 de abril as seguintes resolucións:

- Resolución do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso á condición de persoal fixo, na categoría estatutaria de enfermeira/o.

- Resolución do 3 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador no proceso selectivo polo sistema de concurso-oposición para o ingreso á condición de persoal fixo, na categoría estatutaria de enfermeira/o.

 

Está previsto que o Tribunal de concurso de méritos se reúna para a baremación en breve, non máis alá do prazo dunha semana dende o seu nomeamento.

Volver