2º acto de elección de destino de OPE de especialistas en enfermaría pediátrica
- Especialidades de enfermería
- Oposicións
- Sanidade Pública
Está publicada no páxina web do SERGAS a Resolución RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se convocan novos/as aspirantes, coa finalidade de que manifesten a súa opción polas prazas ofertadas e non elixidas no concurso-oposición para o acceso á categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, convocado por Resolución do 3 de maio de 2019.
O acto presencial terá lugar o próximo xoves, 3 de xuño de 2021, ás 16.30 horas, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela.