A Atención Primaria da zona sur de Lugo en situación crítica
A situación na que se atopa a Atención Primaria nos Centros de Saúde da zona Sur de Lugo, coma na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, é preocupante e peor que se vai pór pola tempada de verán que se aproxima en breve.
- Monforte
En todos os centros se repite o mesmo patrón:
-
Ausencias dos profesionais sanitarios que no se cobren.
-
Áreas administrativas desbordadas de traballo que ademais do diario hai que lle sumar novas aplicación que se van implantando e non se reforzan con máis persoal. Exemplos temos XIDE para as citacións e o CR100 para devolver as chamadas que non puideron ser collidas no seu momento pola carga de traballo (o Xide está funcionado a día de hoxe só en Monforte e o CR100 en Monforte, Chantada e Quiroga).
-
Aumento considerable da poboación desprazada doutros Servizos de Saúde que se van quedar previsiblemente ata outubro ou novembro. No verán a poboación dos concellos da zoa Sur duplícase coa conseguinte subida de carga asistencial nos Centros .
-
A non substitución dos profesionais cando collen baixas e permisos provoca sobrecarga de traballo nos centros de saúde co detrimento da calidade asistencial que iso provoca.
Imos facer un breve resumo dos casos máis alarmantes que están acontecendo.
A situación do Centro de Saúde de Monforte é caótica e a medida que avance o verán peor vai estar. Neste centro en quenda de mañáns hai 10 médicxs e 10 enfermeirxs, 3 pediatras, 2 enfermeirxs de pediatría e en queda de tardes hai dous médicxs e un enfermeirx e outro deslizante que traballa 3 días de tardes e dous de mañáns.
A día de hoxe hai tres facultativos que están de baixa e previsiblemente sexan baixas longas. Outro médico xubilouse en xaneiro e a súa praza non foi cuberta de xeito estable.
Os pacientes destes catro cupos repártense entre os demáis co que se incrementa a caga de traballo.
Preto de 1.300 pacientes levan sen médico dende xaneiro e si a esto lle engadimos os pacientes dos médicos que se atopan de baixa, estamos a falar dunhas 7.000 persoas.
15.000 pacientes están a ser atendidos por seis ou sete médicos, como se pode ver esto supón unha enorme sobrecarga para os profesionais.
Dos 12 médicos de familia que hai no centro 9 teñen o cupo pechado por sobrepasar o límite de pacientes establecidos por ratio polo cal o paciente non pode exercer o seu dereito á libre elección.
O caso de pediatría é ainda máis preocupante, as ausencias destas profesionais non se cubren e as veces queda unha soa. Polas tardes refórzase e con unha profesional e persoal de enfermería días alternos. Esto é totalmente insuficiente.
Hai que salientar que en breve veñen as vacacións e si agora hai 8 médicos para atender 18.000 pacientes, máis todos os desprazados, que vai pasar nos meses de xullo e agosto que non van cubrir as ausencias?
Que acontecerá na área administrativacoa gran carga de traballo que ten co XIDE e o CR100 que meteron a maiores e sin aumento de persoal?
No Centro de Saúde de Quiroga teñen unha poboación de 3.200 habitantes e son atendidos por tres facultativos, e dende hai un tempo un está de baixa e están a cubrilo a días alternos con persoal de PAC
O día 10 de xuño quedou unha soa profesional para atender os tres cupos e as urxencias.
No verán queda o centro cun 66% de enfermería e en médicos soen quedar ao 66% pero moito nos tememos que quede só un máis dun día no verán cando as dúas facultativas que están collan vacacións.
No Centro de Saúde de Pantón lembramos que marchou unha facultativa de traslado e so cubrían 2 días á semana. Dende estre mes xa non o van cubrir, gustaríanos escoitar as declaracións do alcalde e do conselleiro ao respecto. Van quedar so 2 médicos e nas vacaións1 con toda probabilidade.
As ausencias de enfermería cubriranse so o 50%.
No Centro de Saúde de Chantada, teñen problemas de material. Moitas veces acábanse os produtos o mesmo día que chegan. Pediron a Lugo que se lles aumentase o número de artigos que teñen asignado pero fan caso omiso as súas peticións, isto parécenos lamentable.
Na planta primeira do centro non hai toma de osíxeno co cal si un paciente o necesita habería que baixalo a planta baixa a urxencias, isto é surrealista.
Nesta mesma planta hai moitos azulexos caidos e sen reparar e a día de hoxe na consulta de pediatría hai un cartaz que avisa "non acercarse as columnas que can azulexos"....Parécenos lamentable.
Por outra banda cando as TCAE van de vacacións, so as cubren días alternos e cada día mandan a unha distinta co cal hai que explicarlle o funcionamento de novo.
Cando a pediatra de Chantada pide permisos non a cubren e no verán imaxinamos que tampouco o farán, oa igual que acontece coa pediatra itinerante que atende aos nenos de Quiroga,San Clodio, Folgoso,Pobra, Bóveda, Rubián e O Saviñao.
A cobertura dos profesionais sanitarios é mínima, polo que se atopan desbordados.
No Centro de Saúde da Pobra de Brollón tamén hai problemas de cobertura dos sanitarios. Ao persoal de enfermería cúbrenno ao 50%
Nos Centros de Saúde de Bóveda e Rubián quedan ao 50%
No Centro de saúde de Sober cubren facultativos ao 66% e a enfermería ao 50%.
No C.S. de Carballedo cubren facultativos so o 50% e enfermería ao 50%.
No C.S. de Escairon cobren médicos e enfermería ao 66%.
En reunión mantida coa Xerencia de Atención Primaria, recoñeceron o déficit que hai de médicos e persoal de enfermería.
O ano pasado fóronse do distrito de Monforte dous facultativos e este ano, un, o motivo é que non lles ofrecían estabilidade laboral. Pedimos máis implicación por parte da Xerencia e que lles oferten contratos de longa duración aos profesionais.
En persoal de enfermería máis do mesmo, ofertan contratos de dous meses e así é moi dificil cubrir as ausencias.