A Carteira de servizo dxs enfermeirxs
A publicación da carteira de servizos dxs enfermirxs elaborada polo propio colectivo, é un recoñecemento as competencias que xs enfermeirxs poden desenvolver, por que así xs habilita a súa formación
- AgEnfermeira
- Atención primaria
- Sanidade Pública
O SERGAS utiliza erroneamente esta expresión para intentar calmar as demandas de falta de persoal facultativo, a publicación da carteira de servizos de enfermeirxs, e de outros colectivos, non vai solucionar o déficit de persoal. O SERGAS sabe perfectamente que, elaborar protocolos de traballo dun colectivo non implica asumir tarefas e actividade asistencial doutro colectivo.
Os protocolos de trabalo hai que realizalos desde a perspectiva de procesos compartidos e integrais en cada servizo de atención primaria.
A publicación da carteira de servizos de enfermeirxs, e de outros colectivos, non vai solucionar o déficit de persoal.
Na reunión do Consello Técnico de Atención Primaria, celebrada o día 4 de agosto, O SERGAS informou das actuacións que van a facer para reducir a carga de traballo do persoal facultativo. Desde CIG-SAÚDE corriximos esta expresión, publicar as carteiras de servizo de cada colectivo non é para reducir carga de traballo a outro colectivo, senón para recoñecer o mapa de competencias de cada categoría profesional.
A información transmitida foi:
- Van a elaborar os protocolos de traballo das categorías de farmacéuticx, enfermaría e PSX, para isto terán en conta a carteira de servizos que presentou cada colectivo e que foron aprobadas polo consello técnico.
- Tamén van a realizar os protocolos de atención domiciliaria e atención á comunidade.
Desde CIG-SAÚDE congratulámonos de que por fin o SERGAS empece a facer protocolos de traballo na atención primaria, solicitamos que se nos dea traslado dos documentos antes da súa publicación.
- Os protocolos deben de estar publicados e ser de coñecemento de todo o persoal. Esta é a forma de traballar, e agardamos que deixen de acusar as/os enfermeiras/os de hospital que se traslada a primaria, como causantes da disparidade de actuacións.
- Tamén demandamos mais RRHH, e desde a CIG-SAÚDE insistimos na urxencia de abordar na mesa sectorial o plano de Ordenación de RRHH. Para identificar a necesidades de persoal de cada colectivo e proceder a súa cobertura.