A CIG recibe a FEIJOO NO ARQUITECTO MARCIDE

  • Ferrol

Hoxe ante a sospeita de que ás 10 da mañá viña Feijoo a ver as obras do Plan Director, e parece que a sacarse unhas fotos e colgarse unhas medallas.

As delegadas da CIG fomos a colgarlle ao seu paso uns cartaces, solicitándolle que nos devolvera todo o que nos roubou. Iso si, o fixemos con escolta, xa que dous policías nos acompañaron todo o tempo.

O que para eles era importante, as medallas e as fotos, o fixeron sen importarlle o noso traballo nin os/as doentes, xa que non só o fixeron con música de fondo, se nón que puidemos constatar que ao persoal de mantemento non lles deixaron usar un pasillo que utilizan habitualmente. Segundo a nosa escolta e o persoal da obra, era porque estaba pechado para facer unha “descarga”. Bonita maneira de chamarlle a Feijoo “descarga”, nós persoalmente o consideramos máis unha carga que unha descarga pero en fin….. Espero que co de “descarga” non quixeran ameazar con que nos ían a deixar quedar en Ferrol a semellante especimen.

Tamén puidemos ver como houbo que atrasar os camións que nos traen a roupa limpa da lavandería, e imaxinamos que isto supuxo tamén un atraso ao resto xa que como comparten entrada, cada un ten uns horarios estipulados. Agardamos que o que trae a comida dos/as doentes puidera acceder a súa hora, algo que sabemos que a Feijoo non lle vai a importar o máis mínimo xa que el por seguro vai comer quente.

Sobre as 11 da mañá abandonou o Marcide, nós estupefactos/as ao ver todo aquilo non puidemos máis que cantarlles: “ non temos pan para tanto chourizo”. E se foi a inaugurar o inacabado Centro de Saúde das Pontes. Claro, pobre, coa situación da comarca quixo levar tamén chourizo alá.

Iso si, quedade tranquilos/as tanto aquí como en As Pontes traballaron a reo para que o Señorito puidera sacar fotos máis bonitas. No Marcide puxéronlle unhas rampas de acceso á obra rebaixando con cemento o desnivel, non fora a ser que tropezara, e colgaron extintores e hidroalcohol en todas as prantas. Só lles faltou prantar unha árbore….

E en As Pontes esa si foi boa, o persoal e doentes para acceder ao centro, se fai falla, que salten vallas, pero a Feijoo, a ese, lle abriron a porta principal. Os pintores traballaron a reo pintando toda a noite para que lucira bonito o centro. E como no sótano non cambiaron as xanelas para que non desentoara na foto detrás do PP, as pintaron ás presas.

Volver