A CIG-Saúde consegue melloras para o persoal residente co Ministerio de Sanidade

  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

As alegacións presentadas pola CIG-Saúde ao proxecto de modificación do Real Decreto 1146/2006 contribuíron a mellorar o texto presentado polo Ministerio. Acceso ao proxecto

Horarios con máis previsión

Á proposta de CIG-Saúde o novo texto obriga a comunicar a distribución da xornada con dous meses de antelación.

Xornada ordinaria de 35 horas

Recóllese que a xornada ordinaria do persoal residente non poderá superar as 35 horas semanais de promedio en cómputo anual, unha reivindicación defendida pola CIG-Saúde.

Descanso garantido tras as gardas

O Ministerio incorpora que non poderá esixirse a realización da xornada ordinaria inmediatamente posterior a unha garda.

Limitación das gardas

  • Limítanse as horas de duración da garda ata un máximo de 17 horas.
  • Limítase a realización de gardas ata un máximo de 68 horas mensuais, podendo ampliar co consentimento do profesional en un módulo de garda máis.

Mellora retributiva

  • Incorpórase un incremento retributivo do complemento de grao dende o 1º ano de residencia.
  • Nas situacións de incapacidade temporal, nacemento e coidado do menor, risco durante o embarazo ou lactación, garántese o 100 % das retribucións fixas e periódicas percibidas nos seis meses anteriores.

Trienios e carreira profesional

A CIG-Saúde reclamou que o persoal estatutario que accede á residencia perciba os trienios e a carreira profesional xa consolidados. Esta proposta non foi incorporada ao proxecto.

Complemento de atención continuada

A CIG-Saúde reclamou o pago das gardas na remuneración das vacacións e das situacións protexidas. Esta proposta non foi incorporada ao proxecto.

Unha vez publicado no BOE, terá que aplicarse nos seguintes prazos:

  • Xornada laboral e descansos: 1 de setembro de 2027.
  • Retribucións: 1 de xaneiro de 2027.

Volver