A CIG-Saúde cuestiona que exista un problema na vacinación do persoal sanitario
Na CIG-Saúde non temos constancia de que haxa un problema porque as traballadoras e traballadores rexeiten vacinarse
- Coronavirus
- Sanidade Pública
Na CIG-Saúde non temos constancia de que haxa un problema porque as traballadoras e traballadores rexeiten vacinarse. Se isto fose real a administración sanitaria tería dado traslado aos comités de saúde laboral e nunca se abordou ese tema.
O persoal que traballa na sanidade pública e nos servizos sociais é altamente responsable no coidado da súa saúde e a das persoas ás que atenden.
Estamos convencidas de que este anuncio de Feijoo é só un titular de prensa para desviar a atención.
Estamos convencidas de que este anuncio de Feijoo é só un titular de prensa para desviar a atención e que se fale disto en lugar de falar do realmente grave, que é a situación na que se atopa a atención primaria; a falta de persoal polos recortes dos últimos anos; as longas listas de espera e agora, a privatización do servizo de rastrexo.
De existir un problema habería que facer pedagoxía con ese persoal desde os servizos de medicina preventiva e de saúde pública porque as imposicións non funcionan.