A CIG-Saúde esixe a reposición do acceso peonil á Academia Galega de Seguridade

  • 061

As obras de preparación dos terreos para a futura construción dunha pista de atletismo dentro do recinto da Academia Galega de Seguridade deixaron inutilizado o único acceso peonil ao Centro Integrado de Atención as Emerxencias CAIE polo que a CIG-Saúde ven de solicitar á Fundación Pública Urxencias de Galicia 061, á Academia Galega de Seguridade, á Axencia Galega de Emerxencias e ao Concello da Estrada que habiliten un acceso provisional para os peóns durante as obras así como que comproben que o proxecto de construción contempla a reposición do acceso peonil.

 

Dende o inicio das obras, os traballadores e usuarios que acceden a pé ao complexo de edificios da Academia Galega de Seguridade vense obrigados a empregar a calzada dos coches co alto risco de accidente que isto supón, ademais hai que recordar que a calzada permanece sen pintar dende que foi asfaltada, a pesares da petición realizadas para que se mellorase a sinalización viaria no recinto co pintado da calzada e dos pasos de peóns.

Volver