A CIG-Saúde esixe non derivar os doentes a sanidade privada e pide que se reforce o sistema público de saúde recuperando a actividade de tarde

  • A Coruña

A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría e da Xerencia da Área de Coruña-Cee de manter suspendida a actividade de tarde no CHUAC, mentras esta derivando doentes pendentes de intervencións cirúrxicas de uroloxía e traumatoloxía a sanidade privada. A CIG denuncia a hipocresía do Goberno de Feixóo que por un lado fai gala de termos a mellor sanidade pública co persoal máis cualificado, e ao tempo desvía os cartos de todas as galegas e galegos para financiar o sector sanitario privado, en mans de grandes multinacionais e fondos voitre. O que deberia facer é investir en reforzar o sistema público de saúde e recuperar a actividade de tarde para atender os doentes que engordaron as listas de espera durane os meses de pandemia.
Tal como afirma a nosa Secretaria Nacional "Esiximos que se faga actividade na pública, non podemos baleirar de actividade asistencial a sanidade pública tendo os/as profesionais e as instalacións para ofrecer a mellor atención", afirma María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde.
Asimesmo manifestamos o nos rexeitamento o que chaman “aluguer de quirófanos” cando os quirófanos da rede pública estan vacios polas tardes. Denunciamos que se permita que Xefes de Servizo que practican a sua actividade privada neses centros, esten operando doentes das listas de espera do SERGAS, ainda que o disfracen como quirófano de aluguer para non incurrir e manifesta ilegalidade, pero é unha practica deporable desde o punto de vista ético.
Diante disto, CIG-Saúde esixe da Consellaría e da Xerencia de Coruña-Cee que recupere a actividade de tarde nos hospitais para ofrecer unha atención de calidade dende o sistema público e que deixe de subtraer os recursos da sanidade pública para engordar os beneficios das empresas privadas.

Volver