A CIG-SAÚDE quere denunciar a marcha do Hospital Público de Monforte da especialista en neuroloxía.

  • Monforte

Unha vez mais e debido a incapacidade desta Xerencia, marcha unha excelente profesional, asentada en Monforte e que de non ser pola nefasta xestión desta dirección, quedaría con nós por moitos anos.

Dende hai mais de dous anos vense reclamando a contratación doutro neurólogo debido a carga asistencial que hai na área de Monforte, lembramos que esta profesional remata case todos os días a súa consulta ás 5 da tarde, cando o seu horario de saída son as 3 da tarde.

En primeiro lugar temos que decir que Monforte é a área mais envellecida de Galiza, o cal se traduce en que hai mais ICTUS, demencias,etc.

En segundo lugar imos facer unha comparativa por áreas e cantos pacientes atende un neurólogo por área.
- En Monforte hai 1 neuróloga para 50.000 pacientes
- En Burela teñen 2 neurólogos para 66.000 pacientes.
- En Lugo teñen 10 neurólogos para 210.000 pacientes.

É decir a área de Monforte é a que mais pacientes atende por neurólogo:
- Monforte 1 neuróloga para cada 50.000 pacientes.
- Burela 1 neurólogo para cada 33.000 pacientes.
- Lugo 1 neurólogo para cada 21.000 pacientes.

A todo esto temos que engadir que en Monforte a carga de traballo aumenta, xa que somos o único hospital que ademais da consulta diaria, ten que atender ingresos na planta. Nos outros comarcais onde so hai un neurólogo non se atenden os ingresos. E ainda por riba hai que atender interconsultas e urxencias.

Vamos que para unha soa persoa é traballo de máis.

En Lugo nestes dou últimos anos contratáronse 3 neurólogos, o último hai escasos días, esta é unha clara aposta por reforzar os hospitáis de referencia e deixar baleiros os comarcais.

Como vimos denunciando hai tempo, aquí seguimos cun cardiólogo menos, cun dixestivo menos, e agora quedámonos sin a neuróloga.

Queremos recalcar que agora mesmo no hospital hai un internista pasando consulta de cardioloxía e outro pasando neuroloxía, esto demostra as claras,que estes especialistas son necesarios. Por todo elo esixímoslle ao SERGAS que contrate especialistas e deixe de cubrir todas as especialidades con internistas.

Por outra banda queremos resaltar que o contrato que tiña era renovable cada seis meses, cando podían sacar dende abril do ano pasado unha reserva de plaza. Esto demostra que non teñen ningún interés en estabilizar estas plazas nin a plantilla do hospital.

Esta dirección é un desastre, deixan marchar a unha das mellores profesionáis que temos e logo diranos que non atopan neurólogos. Deixan marchar aos profesionáis porque non lles interesa ter especialidades nos comarcáis.

En breve teremos que ir a Lugo á consulta.

Vicente Vázquez Vázquez responsable local de CIG-SAÚDE no H. Público de Monforte

Monforte 10 de xuño de 2020

Volver