A CIG-Saúde rexeita de plano que, coa escusa do COVID19, se faga calquera reordenación de servizos da atención primaria.

Referímonos concretamente á retirada de servizos do Centro de Saúde do Sagrado Corazón.

  • Lugo

Como sabe a cidadanía de Lugo, e nomeadamente a do Sagrado Corazón, este centro de saúde foi mil veces usado nas diversas campañas políticas pertinentes, vendendo polos políticos que se ía facer un C.S novo, xa que este carecía das medidas estruturais requiridas para darlle dito servizo sanitario ao barrio do Sagrado.

Agora, que nos atopamos nunha época de medo, parecelle aos responsables da EOXI que trasladar servizos a outros centros da cidade arregla o problema de espacio, intentando así lograr ter máis espazo físico.

Mala solución nos parece que os pacientes teñan que cruzar toda a cidade e trasladarse a outros centros de saúde (Pza.Ferrol, ou Fingoi) para recibir asistencia.

 

Sabemos que hai unha proposta enriba da mesa que aínda non se materializou, que consiste en deixar o centro sen o Servizo de Farmacia, Pediatra e Traballo social. Demográficamente a zona non cambiou, polo tanto segue sendo necesario darlle á poboación do barrio, uns servizos cercanos e de proximidade.

Entendemos que hai que facer plans de continxencia por si hai un rebrote ou unha segunda onda de Covid19, pero o que non se pode, é usar as circunstacias de hoxe en día, para deixar aos pacientes sen servizos de proximidade, e máis cando as medidas non foron suficientemente reflexionadas, non hai urxencia, e non solucionan ningún problema.

Volver