A Comisión de Centro do CHUO ten a necesidade de denunciar publicamente a actitude que mantén esta Xerencia

  • Ourense

O novo Xerente da Área sanitaria todavía non convocou a esta Comisión de Centro para manter unha reunión formal tras o seu nomeamento.

Ante a impasividade da nova Xerencia, a Comisión de Centro viuse na obriga de solicitar con carácter urxente unha reunión debido a dúas situación urxentes e prioritarias, o derrumbe dos teitos e a cancelación de intervención quirurxicas programadas. En dita reunión, realizada o 23 de Maio, o Xerente asegura que as obras de Partos estarán rematadas a final de mes. A día de hoxe as obras están sen finalizar dende o Decembro do 2023 cando se produciu a incidencia do desplome do teito, facendo que un servizo tan importante non poda funcionar ao 100%.

O Conselleiro de Sanidade recoñeceu a falta de profesionais en diversas categorías e a necesidade de coidalo. Paradóxicamente a Xerencia leva meses con conflictos abertos sen vías de solución nos servizos de UCI e máis recentemente no Quirófano e Radioloxía Intervencionista. Que afectan tanto a seguridade do doente , a calidade asistencial dos coidados e que compromete a saúde laboral das profesionais. Estase esixindo traballar por parte da dirección con ratios de doentes superiores os recomendados (UCI) e esixindo continuamente prolongar a súa xornada laboral maís aló do establecido (Quirófano e Radioloxía Intervencionista). Sendo esta a problemática máis actual, a Comisión de Centro non quere deixar de recordar que se precisa aumento de persoal en Medicina Interna e Urxencias.

Outro conflictos aberto é o relacionado co incremento do persoal de enfermería nos Puntos de Atención Continuada (PAC), Ourense é a única provincia que non ten equiparados os equipos de enfermería e de médic@ de familia. Non podemos permitir que sendo unha das provincias coa maior dispersión xeográfica teñamos uns ratios defiente de persoal.

As Xerencias sempre se excusa na falta de profesionais para a cobertura de necesidades ou mesmo de aumento de efectivos pero a hora de ofertar vínculos o persoal eventual só ofrecen precariedade.

Volver