A Xunta discrimina ás mulleres

O permiso de nacemento e adopción/acollemento no SERGAS

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Na última reunión da comisión de permisos, o SERGAS confirmou que a Xunta de Galiza non vai aplicar a ampliación do permiso de nacemento e adopción/acollemento aprobada polo Estado para as empregadas públicas.

Como queda o permiso?

As mulleres manteñen 22 semanas de permiso, sen ningunha mellora respecto á situación anterior.

Os homes pasan de 16 a 19 semanas grazas á modificación estatal.

A flexibilización de 2 semanas só estará dispoñible para crianzas nadas desde agosto de 2025. Isto significa que as mulleres que xa gozaron das 22 semanas non teñen opción a desfrutar 2 semanas dentro dos 8 anos
de vida da crianza de forma flexible.

Que fai a Xunta?

En lugar de ampliar dereitos, o PP utiliza a reforma estatal para aforrar cartos a costa das mulleres.

As mulleres seguen coas mesmas 22 semanas e non se lles recoñece ningunha mellora real.

Que demandamos desde CIG-Saúde?

Que a Xunta recoñeza e aplique de inmediato as 3 semanas adicionais que o Estado concede, sumando así 25 semanas para as mulleres.

Que se respecte o dereito a utilizar 2 semanas de maneira flexible ata que a crianza cumpra 8 anos, en igualdade co resto de traballadoras.

Que esta ampliación se incorpore antes de que remate o ano, a través da Lei de medidas, garantindo así igualdade real.

Que a Xunta deixe de perpetuar desigualdades e de aproveitar as reformas estatais para recortar dereitos ás mulleres do sector público galego.

Non ao recorte nos dereitos das empregadas públicas!!

Volver