A mesa sectorial acorda o manual de cobertura das ausencias nos centros de saúde

  • Atención primaria
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Con data do 29 de xuño de 2022, na Mesa Sectorial, chegouse a un acordo sobre diversas medidas retributivas e de mellora na Atención Primaria, que incluía, Á SOLICITUDE DE CIG-SAÚDE:

9. Manual de cobertura de ausencias.
Regularase mediante un manual ou protocolo asistencial a cobertura de ausencias en atención primaria, onde constarán as causas que dan lugar á intersubstitución por ausencias de titular, actualizando as causas vixentes, así como tamén o sistema que dá lugar á activación da intersubstitución e da xornada complementaria para tratamento homoxéneo en todas as áreas de ambos os conceptos. Ademais, regularase a prolongación de xornada ordinaria, con axendas reguladas, horarios e indicadores de seguimento da actividade.

Coa proposta de elaboración deste manual de cobertura de ausencias CIG-Saúde pretendía:

✓ Clarificar os procedementos de solicitude e resposta de permisos, sempre deixando constancia documental, tanto da solicitude como da resposta.

✓ Establecer criterios claros sobre cando, como e con que contrato se produce a cobertura das ausencias, con criterios explícitos e reproducibles en diferentes servizos e unidades.

✓ Unificar criterios de xestión nas unidades e servizos das decisións de coberturas tomadas polas Direccións de Atención Primaria coas adaptacións nas axendas das profesionais, en función do tipo de ausencia, prevista ou imprevista, da duración previsible, do tipo de contrato co que se realiza a cobertura.

✓ Recuperar a ordenación dos criterios de cobertura de ausencias, en primeiro lugar a contratación de persoal das listas, en segundo lugar a prolongación de xornada e, so cando estas dúas non foran posibles, a intersubstitución.

✓ Establecer un sistema de xestión e traslado ás nóminas das coberturasrealizadas polo persoal dos servizos e unidades, tanto de prolongacións de xornada como de intersubstitucións, onde figuren os datos que permitan verificar polos profesionais, a través da información facilitada na nómina, que prolongacións e intersubstitucións están sendo retribuídas e cal é a xustificación das cantidades abonadas.

Na Mesa Sectorial celebrada o día 3 de marzo de 2023, CIG-Saúde apoiou a aprobación do Manual de Cobertura de Ausencias nos Centros de Saúde, despois de varios meses de negociación e de conseguir os obxectivos que se marcara cando realizou a proposta inicial.

Na acta da Mesa aparece tamén recollido o compromiso de elaborar un Manual de características similares para a cobertura de ausencias nos PACs.

Volver