A negociación do Novo Estatuto Marco, a oportunidade de acadar unha verdadeira clasificación profesional

  • Sanidade Pública

O Ministerio de Sanidade convoca, o día 21 de novembro, unha nova reunión para continuar coa negociación do Estatuto Marco (EM), nesta reunión indican que se comezará a negociar, por fin, a clasificación profesional e o réxime de xornada e descansos.

CIG-Saúde demanda que o EM regule a xornada máxima (ordinaria + atención continuada ou complementaria) a realizar e o réxime de descansos.

Para CIG-Saúde esta negociación é a oportunidade para incorporar unha clasificación profesional adaptada ás e aos profesionais da sanidade pública.

Demandamos que o Novo Estatuto Marco incorpore unha clasificación propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza, e estableza un réxime extraordinario de adaptación da situación actual aos novos requirimentos.

Volver