A negociación dun Novo Estatuto Marco, a oportunidade de acadar unha verdadeira clasificación profesional

Despois de case dous anos de negociación do Novo Estatuto Marco, o Ministerio na pasada reunión do día 12 de xuño da por finalizada unha primeira revisión a case tódolos capítulos do Estatuto, e abren agora a  negociación, segundo eles, a un cambio significativo en canto á clasificación profesional e ao réxime de xornada e descansos.

Para CIG-Saúde esta negociación é a oportunidade para incorporar unha clasificación profesional adaptada ás e aos profesionais da sanidade pública.

Demandamos que o Novo Estatuto Marco incorpore unha clasificación propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza, e estableza un réxime extraordinario de adaptación da situación actual aos novos requirimentos.

Volver