A nosa estabilidade é a túa seguridade

Pola contratación estable na sanidade pública

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal
  • Taxa de reposición

A precariedade laboral pon en perigo a saúde das/os traballadoras e a saúde da poboación galega en xeral.

As/os traballadoras/es temos dereito á estabilidade no traballo despois de 10 anos de precariedade laboral.

A poboación ten dereito a recibir unha asistencia sanitaria pública e de calidade.

Polo que, entre todas e todos temos que exixir ao goberno do estado e ao galego do Sr Feijóo que poñan fin a esta situación.

O goberno do Estado

  • Ten que por fin a taxa de reposición
  • Ten que permitir que se convoquen, nos procesos selectivos, as prazas vacantes non cubertas desde o ano 2010.

O goberno galego

  • Ten que deixar de eludir responsabilidades, solicitando dos demais o que el non cumpre. Durante o goberno de Rajoy nunca solicitou a eliminación da taxa de reposición
  • Agora toca exixir con contundencia a eliminación da taxa de reposición
  • Negociar na mesa sectorial un plano de emprego que permita consolidar o 100% das prazas vacantes desde o ano 2009.
  • Para identificar as prazas vacantes reais, necesitamos ter un sistema que nos permita coñecer a situación real do cadro de persoal do SERGAS.
  • Que de inmediato se publiquen as listas de contratacións de persoal facultativo dos hospitais.
  • Que o SERGAS remate coa precariedade na contratación, deixando de fragmentar os contratos en días e horas.
  • Que se negocie unha orde de vínculos para que o persoal sexa contratado pola causa que motivou a contratación.
  • Que todas as contratacións se oferten respectando o pacto de contratacións.
  • Que o SERGAS negocie o plan de continxencias da COVID-19 respectando o dereito á conciliación do persoal.

Por todo isto, por ti e por nós.

Os sindicatos con representación na mesa sectorial do SERGAS, CCOO, CIG-SAÚDE e UGT, conxuntamente con todos os colectivos de persoal do SERGAS: celadorxs, enfermeirxs, fisioterapeutas, matronxs, médicxs, logopedas, psicólogxs, persoal de cociña, persoal de mantemento, persoal de administración, persoal investigador, PSX, técnicxs superiores, TCAEs…

Imos mobilizarnos conxuntamente na defensa dunha contratación estable na sanidade pública.

Necesitamos un cadro de persoal que contemple o “ratio” de persoal necesario para atender a demanda asistencial, e eliminar a precariedade laboral.

Volver