A oferta de emprego da vergoña

Un ano máis o SERGAS aproba un Decreto de oferta de emprego que non inclúe todas as prazas vacantes

  • Sanidade Pública

CIG-Saúde esiximos unha oferta pública de emprego (OPE) sen taxa de reposición, que remate coa temporalidade e estabilice todas as prazas vacantes de todas as categorías.

  • Non inclúe as prazas vacantes que non están ocupadas.
  • Non contabilizan as prazas vacantes xeradas con anterioridade ao 2023.
  • Mantén a taxa de reposición, que é a que impide eliminar a temporalidade.
  • Acumula as prazas ofertadas en determinadas categorías “prioritarias” pondo en risco a continuidade de prazas en categorías máis pequenas, porque ao remate dos 3 anos de interinidade nin se poden ofertar nin volver cubrir con persoal temporal.

Tendo en conta as prazas ofertadas no último concurso de traslados, cando menos a oferta de emprego para este ano 2024 debería incluír:

 

Ofertan 1.157 prazas. Quedan preto de 1.900 prazas vacantes sen oferta de emprego, que continuarán perpetuando a temporalidade.

Pola eliminación da TAXA de REPOSICIÓN! Outra xestión é posible!

CIG-Saúde dicimos NON a este decreto de oferta de emprego do SERGAS!

Volver