A patronal do convenio de hospitalización privada de Pontevedra levántase da mesa de negociación

  • Pontevedra

Na reunión axendada para o 18 de Novembro de 2024 da mesa negociadora do convenio da sanidade privada de Pontevedra, constituida en Setembro de 2020, a parte empresarial ameazou a parte social con levantarse da mesa e interromper a negociación se non se desconvocaban as concentracións previstas para as vindeiras semanas demandando un convenio digno.

Ditas concentracións foron exixidas polas persoas traballadoras do sector nas asembleas informativas realizadas o pasado 7 de Novembro ao coñecer a inmobilidade das propostas achegadas ata esa data.

A parte social formada polas organizacións sindicais CCOO, UGT, CIG e CSIF non cederá a esta chantaxe e continuará a defender os dereitos das persoas afectadas por este convenio e mantén o calendario de concentracións establecido:

Volver