A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións en cidades e vilas galegas en defensa da Atención Primaria
Terán lugar este mércores, día 26 de abril entre as 19:00 e as 20:30, agás en Compostela, onde será ás 12:00 horas
- Sanidade Pública
A Plataforma SOS Sanidade Pública ten convocadas numerosas mobilizacións en cidades e vilas galegas en defensa da Atención Primaria e da sanidade pública no seu conxunto para este mércores día 26 de abril. Denuncia a falta de persoal, peches de consultas nas PAC, longas listas de espera, falta de financiamento e problemas de xestión, entre outros. Alerta de que está en risco a atención primaria. Por iso fai un chamamento a participar nas mobilizacións que teñen convocadas para defendela e en apoio da ILP que teñen en marcha.
MOBILIZACIÓNS (confirmadas)
A Coruña – Obelisco, 20:00 horas
Ferrol – Ambulatorio Fontenla Maristani, 20:00 horas
Val Miñor – Alameda da Ramallosa , 20:00 horas
Poio – Centro médico Anafáns , 20:00 horas
Santiago de Compostela – Centro de Saúde Concepción Arenal, 12:00 horas
Burela – Centro de Saúde, 20:00 horas
O Grove – Praza do Corgo, 20:00 horas
Sanxenxo - Centro de Saúde de Baltar e Centro de Saúde de Vilalonga, ás 19.30 horas
Vilagarcía – Praza da Galiza, 20.30 horas
Cee – Praza 8 de marzo, 19:00 horas
Moaña – Casa do Mar, 20:00 horas
Marín – Centro de Saúde, 20:00 horas
Cangas – Casa do Concello, 20:00 horas
A Guarda – Praza Aurelio Vicente, 20:00 horas
Ribeira – Casa do Concello, 20.30 horas
Lalín – Praza da Igrexa, 19:00 horas
Verín – Casa do Concello , 20:00 horas
Laxe – Centro de Saúde, 12:00 horas
Pontevedra- Centro de Saúde Virxe da Peregrina, 20:00 horas