A prescrición enfermeira. Novidades

  • AgEnfermeira
  • Sanidade Pública

O pasado 15 de xullo a Agrupación Enfermeira de CIG-Saúde informaba da publicación no DOG da Orde de 9 de xullo do 2021 pola que se regula e se inicia o procedemento para a acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano.

Desde o SERGAS nos informan que, logo de realizar a acreditación de oficio de máis de 16.000 enfermeiras/os de toda a Comunidade Autónoma, tanto do ámbito público como privado, a partires de hoxe 1 de outubro de 2021, procederase a activación da e-receita para as/os enfermeiras/os.

Esta posibilidade iníciase neste momento só para a Atención Primaria. Na Atención Hospitalaria irase poñendo en marcha a continuación e de forma progresiva.

Unha vez acreditadas para tal efecto as/os enfermeiras/os de Galiza poderán indicar, usar e autorizar a dispensación de:

• Produtos sanitarios.
• Medicamentos non suxeitos a prescrición médica.
• Medicamentos suxeitos a prescrición médica, que aparecen na resolución do BOE de 20 de outubro de 2020 e que se refire aos implicados nas feridas.

Aquí podes descargar o Documento de usuario/a da e-receita elaborado polo SERGAS para xeral coñecemento de todas as profesionais de enfermaría.

Volver