A saúde laboral segue sendo unha prioridade para a CIG-Saúde
- Coronavirus
- Sanidade Pública
- Saúde laboral
O 30 de xullo está convocada a Comisión Central de Seguridade e Saúde.
Para a CIG-Saúde a saúde laboral segue sendo unha prioridade e por iso presentamos un escrito solicitando a inclusión de varios temas na orde do día, que son fundamentais:
- Consideración do contaxio do persoal da sanidade por COVID-19 como accidente laboral.
- Valoración dos resultados do Instituto de Saúde Carlos III, no referente a que o persoal sanitario infectado foi o factor con maior impacto na difusión da epidemia, e que medidas se pensan tomar.
- Información sobre o Plan galego de rebrotes anunciado na prensa.
- Información sobre a dispoñibilidade de luvas.
- Información sobre o tratamento e seguimento dos mariñeiros que volven á súa residencia infectados por COVID ou en illamento.
- Información das medidas para reforzar a Dirección Xeral de Saúde Pública.
Podes ver o documento completo no seguinte enlace. Descargar PDF