A Xerencia da Coruña deixa sen cubrir o posto dun odontólogo do CS do Ventorillo durante as vacacións

  • A Coruña

A CIG-Saúde denuncia que a Xerencia da Coruña deixa sen cubrir un posto de Odontoloxía no Centro de Saúde do Ventorrillo durante as vacacións do profesional que ocupa a praza. A pesares de haber lista de espera, xerada pola pandemia, a Xerencia “prefire” que as/os pacientes do centro sigan agardando pola consulta "por aforrar o contrato dun odontólogo ou dunha odontóloga".

"O Goberno do PP presume da recuperación da actividade asistencial nesta 'nova normalidade', mais parece que só como parte da súa campaña electoral, xa que continúa 'regateando' na contratación das/os profesionais e deixando a cidadanía sen os servizos sanitarios precisos", critica Lucía Peón, responsábel de CIG-Saúde da Coruña.

Neste senso, denuncia que habendo lista de contratación con profesionais dispoñíbeis para a realización desta tarefa e podendo así atender a poboación, "esta decisión parece só axeitarse a criterios de privatización, obrigando a poboación a ter que acudir a centros privados debido á lista de espera insostíbel".

Diante disto, CIG-Saúde esixe a inmediata cobertura deste posto e á citación das/os pacientes afectadas/os.

Volver