A Xerencia da Coruña denega permisos para exercer o voto nas eleccións do 23 de xullo

  • A Coruña

CIG-Saúde quere denunciar a mala fe da xerencia da área sanitaria de A Coruña na denegación dos permisos para exercer o dereito ao voto.

Esta semana a xerencia denegoulle a varias traballadoras os permisos para exercer o dereito ao voto nas eleccións deste domingo 23 de xullo. Logo de que esta central sindical fixera a correspondente denuncia ante a Dirección xeral de RRHH, rectificáronse as solicitudes de permisos.

Pero vimos de enterarnos de que hoxe venres 21 de xullo despois das 15 horas, chamaron por teléfono a esas traballadoras para informalas de que non lles concedían as horas para votar o domingo, e que polo tanto terían que presentarse á quenda do domingo para cumprila na súa totalidade.

Isto fano un venres pola tarde cando o permiso é para o domingo, e así non ter marxe para que teñan que rectificar.

Para CIG-Saúde isto é unha falta de respecto ás traballadoras, ademais de estar vulnerando un dereito fundamental básico, demostrando con estas actitudes, unha vez máis, o maltrato ao que se ven sometidas nesta xerencia.

 

Volver