A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo será presidida pola CIG
Ademais tamén se fai cargo da presidencia da Comisión de centro de Atención Primaria
- Vigo
- Xerencia Área Sanitaria de Vigo
- Xunta de Persoal Vigo
Tras as elección sindicais no SERGAS que tiveron lugar o 11 de maio, o día 9 de xuño constituíuse a nova Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.
CIG-Saúde presentou a candidatura formada por María do Pilar Rodríguez Pérez como presidenta e Francisco Xosé Gómez como secretario. Esta candidatura foi a finalmente elixida ao recibir a maioría dos votos das delegadas pertencentes aos sindicatos presentes.
A nova Xunta de Persoal acordou crear a Comisión de Centro de Atención Primaria (presidenta María do Pilar Rodriguez Pérez e secretaria Yolanda Barcia Rodriguez da CIG) e a Comisión De Centro de Atención Hospitalaria (Maria José Diéguez Beltrán como presidenta e Maria José Fernández Alonso como secretaria, de CCOO).
Nas pasadas eleccións a CIG obtivo 7 delegadas, as mesmas que CCOO, sendo a organización sindical máis votada na Atención Primaria e no Hospital Álvaro Cunqueiro.
María do Pilar Rodríguez é enfermeira na Área Sanitaria de Vigo. Actualmente ten un contrato de interinidade en praza vacante na UCI pediátrica. Vén de traballar con diversos contratos eventuais no ámbito da Atención Primaria. Pilar Rodríguez é ademais a secretaria Comarcal da CIG-Saúde Vigo.