A Xunta de persoal de O Barco apoia a manifestación de Alu Ibérica convocada o sábado 27 de marzo na Coruña

En Alu Ibérica, na defensa do emprego, por un futuro industrial e contra a represión sindical

  • O Barco

Apoiamos a manifestación que as centrais sindicais Confederación lnterslndical Galega (ClG), Sindicato Nacional de CCOO de Galicia (S. N. de CCOO Galicia) e Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) teñen convocada para o próximo sábado, 27 de marzo, con saída ás 12 horas da Delegación do Goberno en Galicia, na cidade da Coruña, baixo o lema «EN ALU IBÉRICA, NA DEFENSA DO EMPREGO, POR UN FUTURO INDUSTRIAL E CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL».

A sucesión de despedimenfos desde o mes de decembro na Sociedade Alu lbérica, LC SL (antiga Alcoa A Coruña), primeiro, dunha traballadora ese mesmo mes, e logo, en febreiro, de catro representantes sindicais -o presidente e vicepresidente do comité de empresa, un membro dese comité e un delegado de sección sindical-, acredita un paso adiante na espiral de violencia empresarial, que busca, sen máis, o desmantelamento da factoría que o grupo Riesgo adquiriu mediante un proceso que hoxe está sendo investigado polo ministerio fiscal e a Audiencia Nacional.

Demandamos unha solución que garanta realmente a continuidade industrial e dos postos de traballo. A cinco meses do remate do prazo establecido nas condicións da venda da fábrica e de mantemento do emprego derivado da operación da venda por Alcoa, existe un risco clarísimo de desmantelamento e desaparición da fábrica, coa agravante de atopármonos nunha crise económica, derivada da crise sanitaria por mor da pandemia.

Polo exposto, manifestamos a nosa adhesión ao manifestado e a nosa disposición a actuar en protección das persoas que, por loitar para salvar o emprego e a industria do noso país, están sufrindo represalias.

CCOO - CIG-SAÚDE - CSIF - SAE - SATSE - UGT

Volver