A Xunta pretende que as/os profesionais da sanidade traballen a custe cero
Concentracións en todas as áreas sanitarias o día 9 de decembro
Desde CIG-SAÚDE nos preguntamos en que se gasta a Xunta de Galiza o diñeiro público e os fondos COVID.
A situación da atención primaria neste momento é insostible pola falta de persoal, nomeadamente de persoal médico e enfermeiras/os, froito das políticas de persoal que aniquilaron estes postos de traballo.
Tamén hai outras categorías nas que hai suficientes profesionais nas listas de contratacións, mais o SERGAS négase a contratalas, coma PSX, Traballadores/as Sociais, Odontólogos/as, Fisioterapeutas, Matronas, TCAEs,
Farmacéuticos/as, entre outras.
A Consellería de Sanidade obriga forzosamente as/os profesionais a que incrementen a súa xornada para facer fronte á sobrecarga de traballo, e para dar cobertura ás prazas vacantes que o SERGAS non dá cuberto.
Para CIG-SAÚDE un incremento de xornada ten que estar organizado e cunha planificación. O persoal non pode estar á disposición permanente do SERGAS.
- Ten que ter a súa correspondente retribución. O SERGAS non pode pretender que o persoal traballe gratis.
- Ten que recoñecer a penosidade, para todas/os as/os profesionais, na prestación de traballo en quendas de
noite, ou en domingos e festivos; penosidade que ten que ser retribuída.
- Ten que estar dirixida a eliminar as listas de agarda, e a normalizar as axendas. Non pode haber axendas con
80 citas diarias.
Para CIG-SAÚDE é impresentable que, unha administración que ten a responsabilidade de garantir o dereito á que a poboación reciba unha prestación sanitaria de calidade, maltrate as/os profesionais que seguen a traballar día a día para minimizar os efectos dos recortes en sanidade.
Para CIG-SAÚDE non vale a escusa de que hai uns acordos retributivos do ano 2008, nos que non había o déficit de profesionais que hai hoxe. E sobre todo, porque a situación actual non é a mesma que fai 13 anos.
Para CIG-SAÚDE tampouco nos serve a escusa de que xa accederon a negociar o Plan de Ordenación de Recursos Humanos para a atención primaria. As dúas negociacións poden transcorrer en paralelo.
Por todo isto, desde CIG-SAÚDE reiteramos a urxencia de que o SERGAS convoque unha reunión de mesa sectorial para abordar as condicións laborais e retributivas de todo o persoal que incremente a súa xornada.
- Para que as condicións laborais do persoal permitan que o persoal médico fique a traballar na atención primaria, en vez de acceder a outros postos de traballo.
- Non hai que crear máis categorías profesionais. Só hai que dignificar as existentes e por en valor o traballo da atención primaria.
Para que o SERGAS acceda a esta negociación necesítase a participación de todas/os as/os profesionais.
CIG-SAÚDE convoca concentración nos centros de saúde o día 9 de decembro ás 13hs.
Participa, non deixes que te rouben o valor do teu traballo.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas