Acceso extraordinario á nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias
Información da mesa sectorial do 9 de outubro de 2024
- AgMédica
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Acceso extraordinario á nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias
O SERGAS informa que están emitíndose todos os certificados solicitados unha vez que a solicitude queda confirmada.
Está habendo demora por parte do Ministerio no Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios (REPS), que pensan que estará solucionado no prazo en que cada profesional teña que realizar a solicitude, de acordo cos criterios do decreto.
Aqueles que non figuren no REPS deben cursar igualmente a solicitude da nova titulación, posto que será tramitada.
CIG-Saúde denuncia que o persoal médico de PACs queda excluído do acceso extraordinario a esta especialidade
CIG-Saúde lembra que os PAC forman parte do Plan de Urxencias Extrahospitalarias de Galiza, realizando atención urxente de primeiro nivel e que o persoal de PAC medicaliza en torno ao 80% das atencións Urxentes do 061.
CIG-Saúde expón que a asesoría do sindicato xa iniciou os trámites para recorrer, diante do Tribunal Supremo, a disposición transitoria primeira do RD do Ministerio.
O SERGAS comprométese a emitir os certificados de servizos prestados coas funcións que realiza este colectivo e que coinciden coas que veñen no decreto pero din que non vai a poder poñer ningún código dos centros que nomea no decreto, polo que as solicitudes destes profesionais entenden serán DESESTIMADAS polo Ministerio.
Ante isto a CIG-Saúde insta as/os médicas/os de PACs a solicitar un certificado de servizos prestados. Para iso poñemos a dispor dos/as profesionais nos distintos distritos un modelo de petición.
Posteriormente, no prazo que indica o RD (segundo o mes de nacemento), débese tramitar a solicitude ante o Ministerio incluíndo o certificado de servizos prestados emitido polo SERGAS.