Acceso extraordinario ao título de médico/a especialista en Medicina Familiar e Comunitaria

Convocatoria 2024

  • Sanidade Pública

O Ministerio de Sanidade publicou na súa web a Resolución de 3 de junio de 2024, de la Dirección General de Ordenación Profesional del Ministerio de Sanidad, por la que se publican las bases de la prueba objetiva prevista en el artículo 3 del Real Decreto 1753/1998, de 31 de julio, y se convoca en 2024 para las personas aspirantes admitidas al procedimiento excepcional de obtención del título de médico especialista en Medicina Familiar y Comunitaria.

Só terán dereito a realizar a proba obxectiva aquelas persoas que tiveran solicitado o acceso antes do 31 de maio de 2013, de conformidade ao Real decreto 220/2013, do 22 de marzo.

 

IMPORTANTE: Hai que presentar a solicitude de sede de exame

A solicitude de sede de exame poderá presentarse desde o día 4 de xuño de 2024 ata o día 14 de xuño de 2024 (ambos inclusive) a través do formulario habilitado "Solicitud de sede de examen para la prueba objetiva prevista en el artículo 3 del Real decreto 1753/1998, del 31 de julio" na Sede Electrónica do Ministerio de Sanidade:

https://sede.mscbs.gob.es/registroElectronico/formularios.htm

Cando se realizará a proba?

A realización da proba obxectiva terá lugar o 16 de setembro de 2024.

Máis información: Ministerio de Sanidade

Volver