Acordo de melloras retributivas e de condicións de traballo 2023
- Acordos Mesa Sectorial de Sanidade
- Mesa Sectorial
- Retribucións
- Sanidade Pública
Gardas de todas as categorías, de atención primaria, hospitalaria e persoal residente en formación
- Incremento do 7,9% nas gardas de presenza física e localizada, en días laborables, en todas as categorías.
- Incorpóranse por 1ª vez no SERGAS as gardas de presenza física e localizada en domingos e festivos para todas as categorías, cun incremento do 15,61%.
- No persoal médico, a partir de 5 ou máis gardas/mes, as gardas de presenza física terán un valor de 37 €/hora.
Atención continuada de todas as categorías: noites, domingos e festivos, e noites prefestivas
- Incremento do 7,9% no complemento de nocturnidade, para todas as categorías.
- Incremento do 15,61% no complemento de festividade, para todas as categorías.
- Incremento do 15,61% no complemento de noite de sábado ou prefestiva, para persoal sanitario non facultativo, e de xestión e servizos.
- Por 1ª vez considérase a noite de venres como noite prefestiva.
24 e 31 de decembro
- A partir de agora, todas as categorías do SERGAS que presten servizos de xornada ordinaria o 24 e 31 de decembro, terán dereito ao cobro dun módulo de festividade.
Turnicidade
- Incremento do 7,9% do complemento de turnicidade, tanto o rotatorio simple coma o rotatorio complexo.
- Na atención primaria incluirase o complemento de turnicidade nas quendas de tarde e deslizantes.
A 1 de xullo de 2023 todos os conceptos, excepto a turnicidade, terán un incremento parcial, percibíndose o 100% da mellora retributiva a 1 de xaneiro de 2024.
Descansos e organización das gardas
- No mes de xuño negociarase na mesa sectorial a actualización da normativa das gardas localizadas e das libranzas, para todas as categorías incluído o persoal residente.
- CIG-Saúde solicitamos que ademais de garantir os descansos diarios, festivos e semanais, se estableza un nº máximo de gardas localizadas.
Xornada laboral
Redución paulatina de 112 horas sobre a xornada de 37,5 horas, equivalente ás 35 horas semanais.
- ANO 2023: redución de 21 horas, ou 3 días.
- Quendas fixas de mañá, tarde e deslizante: aplicarase na quenda de sábado.
- Quenda rotatoria complexa, persoal de PAC, médicos/as de urxencias hospitalarias e persoal residente: aplicarase sobre a xornada asignada.
- ANO 2024: redución de 49 horas máis, ou un total de 10 días.
- ANO 2025: redución de 42 horas máis, ou un total de 16 días.
De non ser posible a cobertura da redución dos sábados no persoal enfermeiro, aboarase o sábado como xornada complementaria.
A redución de xornada aplicarase a partir de xullo de 2023.