Acordos da comisión de seguimento de carreira profesional

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE CARREIRA PROFESIONAL 20 XANEIRO DE 2023

No seo da comisión de hoxe chégase a 3 acordos de aplicación para a convocatoria actual que remata a 31 de xaneiro de 2023:

1º Servizos prestados na escala de saúde pública e administración sanitaria- Lei 17/89, ano 2018 e antes:

Tanto para o cómputo de 5 anos de servizos prestados como para o requisito de ter prestado servizos entre o 1 de xullo e o 28 de setembro de 2018, terase en conta os servizos prestados como persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria- Lei 17/89 (inspector/a médico/a, inspector farmacéutico/a, farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, subinspector/a sanitario/a, “ATS/DUE”...).

Sempre que se acredite que se accedeu a ese vínculo por un chamamento da lista de contratación de persoal estatutario, ou que figurara como aspirante na lista de contratación de persoal estatutario.

2º Servizos prestados en comisión de servizos antes de obter destino definitivo no SERGAS ou entidades adscritas:

As persoas que actualmente teñen destino definitivo no SERGAS e que durante o período entre o 1 xullo e o 28 de setembro de 2018 estiveran no SERGAS en comisión de servizo terán acceso ao grao inicial retroactivo e ao encadramento extraordinario no grao 1”.

3º Servizos prestados como persoal especificamente nomeado a tempo parcial, antes do 1 de xullo de 2018:

Para os efectos de completar os 5 anos de servizos prestados a 1 de xullo de 2018, os servizos prestados a tempo parcial serán valorados a xornada completa.

Volver