Actualización de listas de selección temporal de varias categorías.

Puntuacións definitivas

  • Selección Temporal

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:

- dietista-nutricionista,

- facultativo/a especialista da área de medicina do traballo,

- facultativo/a especialista da área de psicoloxía clínica,

- farmacéutico/a de atención primaria,

- fisioterapeuta,

- logopedista,

- odontólogo/a de atención primaria,

- terapeuta ocupacional e

- traballador/a social.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer un recurso de reposición ( do 10/11 o 10/12) ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. De modo excepcional para estas categorías, dada a proximidade da data de publicación destas listas definitivas coa data final de dispoñibilidade da inscrición en estado editable no programa FIDES/expedient-e, as persoas aspirantes que desexen realizar algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar ao longo do ano 2027, poderán realizala ata o 30 de novembro de 2026.

Quinto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Volver