Actualización de listas de selección temporal de varias categorías
- Selección Temporal
RESOLVE:
Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de:
enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental
enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica
médico/a de familia
médico/a de urxencias hospitalarias
médico/a coordinador/a do 061
médico/a asistencial do 061
pediatra de atención primaria e técnico/a de saúde de atención primaria.
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.