ACTUALIZACION- Protección das profesionais embarazadas/especialmente sensibles ante a exposición ao SARS-CoV-2
- O Barco
Comunicámosvos que no día de hoxe remitiuse aos centros a seguinte información:
- A Instrución 4/2020 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre medidas en materia de persoal como consecuencia do novo coronavirus SARS-CoV-2, establece na instrución quinta o teletraballo, indicando que en supostos xustificados, as xerencias/direccións fomentaran as modalidades non presenciais de traballo (teletraballo) para o desenvolvemento das correspondentes funcións. Así, de resultar posible e tendo en conta as funcións a realizar polo/a traballador/a, o teletraballo será de aplicación aos profesionais sanitarios e non sanitarios que, en función das súas características persoais ou estado biolóxico coñecido, debido a patoloxías previas, trastornos inmunitarios ou embarazo, por ser considerados especialmente sensibles ao COVID-19.
- Conforme ao "Procedemento de actuación en IT en Atención Primaria fronte á exposición ao novo coronavirus en Galicia"
(https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/160/Actualizacion_IT.pdf), procede baixa laboral no caso de persoal especialmente sensible ao risco de SARS- CoV-2 (estado biolóxico coñecido debido a patoloxías previas, medicación, trastornos inmunitarios ou embarazo), e como tales, con informe previo e motivado do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, tal e como indica o Ministerio de Sanidade, que acredite a indicación de illamento por imposibilidade de recolocación en posto exento de risco COVID-19 de maneira individualizada.