Adxudicación de destino definitivo do concurso de méritos de facultativo/a especialista en atención primaria

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á resolución parcial do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.

Ábrese o prazo de toma de posesión de un mes, do 25 de outubro ao 24 de novembro de 2022.

A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a adquisición da condición de persoal estatutario fixo.

Deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.

Volver