Adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados aberto e permanente do 2022 de médico/a de familia

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Prazos de cesamento:

  • No SERGAS: o primeiro día hábil seguinte á publicación desta Resolución, o 25 de outubro de 2022.
  • Outros servizos de saúde: nos 3 días hábiles seguintes á publicación desta Resolución (do 25 ao 27 de outubro de 2022)

Prazos de toma de posesión:

  • No mesmo centro de destino: sen prazos posesorios.
  • Na mesma área: dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.
  • Distinta área de saúde dentro do SERGAS: prazo de sete días hábiles.
  • Outro servizo de saúde ou reingreso ao servizo activo: prazo de un mes.

Volver