Adxudicación destino definitivo FEAP

Publicado 31 de xaneiro en DOG

  • Atención primaria
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á resolución do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado pola Resolución do 18 de abril de 2022.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada (do 1 de febreiro ata o 2 de marzo de 2023).

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante chamará novos/as aspirantes, que teñan solicitado o/os destino/s nos que non se teña producido a incorporación ao servizo activo, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, que, de ser o caso, serán seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Volver