Ampliación de prazas en médico/a de familia de atención primaria

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 14 de decembro de 2022, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, e se amplía o número de prazas.

Reabrir o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes de participación neste proceso.

As persoas aspirantes que tiveran presentado a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 9 de xaneiro de 2023 e o 9 de febreiro de 2023 non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación.

Aquelas persoas aspirantes que tiveran presentado a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 9 de xaneiro de 2023 e o 9 de febreiro de 2023, e desexen modificar a quenda de acceso, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada e na cal se detallará a nova quenda solicitada.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso serán os recollidos no anexo IV da resolución de convocatoria e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, o 3 de xaneiro de 2023.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver