Ampliación do nº de prazas no concurso- oposición de diversas categorías de persoal sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), para ampliar o número de prazas.

Reabre o prazo de quince días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (desde o 5 ata o 19 de xaneiro de 2023) para a presentación de solicitudes de participación neste proceso, nas clases de ATS/DUE e inspector/a médico/a.

As persoas aspirantes que presentasen a solicitude de participación para estas clases neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 10 de decembro de 2021 e o 10 de xaneiro de 2022 non terán que presentar nova instancia de participación, ben que deberán presentar os méritos obtidos con posterioridade ao 9 de decembro de 2021 ata o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da súa valoración no proceso.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso serán os recollidos no anexo IV da resolución de convocatoria e valoraranse con referencia ao día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Volver