Amplíanse os permisos por dó, nacemento e coidados
Persoal estatutario do SERGAS. A reforma modifica os artigos 48 e 49 do TREBEP, que se aplican ao persoal estatutario polo artigo 61.2 da Lei 55/2003
- Sanidade Pública
CIG-Saúde informa das novidades e da súa aplicación ao persoal estatutario do SERGAS
O Real decreto-lei 42/2026, publicado no BOE do 25 de novembro e en vigor desde o 26 de novembro de 2026, introduce modificacións nos artigos 48 e 49 do Estatuto Básico das Persoas Empregadas Públicas (EBEP), de aplicación ao persoal estatutario do SERGAS.
Entre as principais novidades destacan a ampliación do permiso por falecemento, as modificacións nos permisos por nacemento, adopción e acollemento, así como o recoñecemento de novos supostos vinculados aos coidados.
Permiso por falecemento
Amplíase a 10 días hábiles o permiso por falecemento do cónxuxe, da parella de feito ou de familiares de primeiro grao de consanguinidade.
Ademais, introdúcese a posibilidade de iniciar o desfrute do permiso dentro das catro semanas posteriores ao falecemento e de desfrutalo de forma descontinua, sempre que as necesidades do servizo o permitan.
Permisos por nacemento, adopción e acollemento
No caso do persoal do SERGAS, o permiso queda establecido en 22 semanas para a nai biolóxica e nos supostos de adopción ou acollemento, e en 20 semanas para a outra persoa proxenitora.
Amplíase de dúas a tres semanas o período que poderá desfrutarse ata que a crianza cumpra os oito anos.
A semana adicional será de aplicación aos feitos causantes producidos desde o 26 de novembro de 2026 e poderá solicitarse a partir do 1 de marzo de 2027.
Novidades nos permisos e dereitos vinculados aos coidados
A nova regulación incorpora tamén modificacións relativas a:
-
O coidado de fillas e fillos con cancro ou outra enfermidade grave, recoñecendo expresamente a monoparentalidade e ampliando os supostos de desfrute.
-
A incorporación dos coidados paliativos como causa de redución de xornada.
-
O recoñecemento dun novo permiso de acompañamento nun proceso de eutanasia.
CIG-Saúde pon á disposición do persoal do SERGAS un documento informativo no que se detallan as modificacións introducidas e as condicións de desfrute dos permisos.
Consulta toda a información no documento adxunto.
Máis dereitos. Máis igualdade.