Apertura das listas de selección temporal do SERGAS de técnico/a superior en ciencias da información

Ábrese un prazo de inscrición de 15 días hábiles

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal técnico/a superior en ciencias da información no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Titulación esixida: Título universitario oficial de graduado/a ou licenciado/a en ciencias da información, xornalismo ou equivalente

Prazo de inscrición: quince días hábiles, do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2022

Méritos baremables: os causados ata o día 12 de setembro de 2022, inclusive.

Listas de ámbito autonómico: as persoas aspirantes poderán optar polo/s distrito/s que elixan como preferente/s. No caso de non marcar ningún, entenderanse preferentes todos os distritos.

Volver