Apertura do prazo de inscrición nas listas de selección temporal de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual

Do 16 de novembro ata o 15 de decembro

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

Prazo de inscrición: do 16 de novembro ata o 15 de decembro de 2020

Méritos computables: ata o 30 de novembro de 2020

A inscrición na presente lista será compatible coa inscrición na lista de celador/a, polo sistema xeral de acceso.

Volver