Apróbase o concurso específico de enfermeiras/os especialista en enfermaría pediátrica
Reunión de Mesa Sectorial do 8 de maio de 2020
- AgEnfermeira
- Especialidades de enfermería
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Hoxe, 8 de maio de 2020, aprobouse o concurso específico de enfermeiras/os especialista en Pediatría na reunión celebrada de mesa sectorial.
Durante a negociación do decreto 81/2016, do 23 de xuño , polo que se crea no SERGAS a categoría estatutaria de enfermeira especialista, desde CIG-SAÚDE exiximos que o persoal fixo puidese acceder á praza de especialista mediante o concurso, e non por oposición, tal como recolle o artigo 34 do Estatuto Marco, e así o conseguimos.
Despois de 3 anos de retraso, e logo de que dende CIG-SAÚDE insistíramos na súa convocatoria, vaise a publicar a convocatoria do concurso específico para estes/as enfermeiros/as especialistas.
Poderán participar no concurso específico as enfermeiras que reúnan os seguintes requisitos a 15 de xullo de 2016, data de entrada en vigor do decreto da categoría:
- Ser persoal fixo con destino no Sergas
- Ter destino no centro onde se convoca a praza
- Acreditar a especialidade de Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
Convocaranse 181 prazas en toda Galiza.
O concurso vaise celebrar en dúas convocatorias:
80% ANO 2020
- A CORUÑA 31
- OURENSE 19
- FERROL 14
- PONTEVEDRA 12
- SANTIAGO 24
- VIGO 33
- LUGO 15
- TOTAL 148 PRAZAS
20% PRIMEIRO TRIMESTRE ANO 2021
- TOTAL 33 PRAZAS
Desde CIG-SAÚDE solicitamos que na primeira convocatoria do ano 2020 se convocasen o 100% das prazas, e na segunda do ano 2021, se convocasen as prazas que non se contabilizaran no primeiro proceso, máxime cando falamos de 33 prazas máis, e de un retraso de máis de 3 anos na convocatoria. PERO NON FOI POSIBLE.