Aprobado o I Plan de Igualdade entre mulleres e homes no SERGAS

  • Sanidade Pública

Para CIG-Saúde este é un día de gran transcendencia na igualdade de mulleres e homes no ámbito do SERGAS.

Transcorridos catorce anos desde que a norma regulou a obrigatoriedade de implantar plans e medidas de igualdade nas empresas, coa esixencia e colaboración de todas e todos, conseguimos por na axenda do SERGAS a importancia de que a igualdade tamén forma parte da negociación colectiva e das condicións laborais do seu persoal.

Para CIG-Saúde defender a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar a discriminación, non só ten que ser unha prioridade para as organizacións sindicais, senón que tamén debe ser unha prioridade para esta Administración.

Hoxe aprobouse o texto do plan de igualdade; un plano que debe ser dinámico e que, coma sempre, unha vez asinado o documento marco, comeza o verdadeiro traballo de implementar as medidas que nel se recollen.

Un traballo que imos ter que manter no tempo e que nos permitirá avaliar as medidas, detectar as irregularidades, e sobre todo integrar a perspectiva de xénero na cultura do SERGAS, nomeadamente na xestión dos recursos humanos.

Non hai benestar social sen equidade laboral.

Volver