Asembleas informativas: novo pacto de contratación / OPE extraordinaria
CIG SAÚDE Vigo convoca asembleas nos distintos centros hospitalarios e Vigo sobre a negociación do novo pacto de contratación e a OPE extraordinaria no SERGAS
- Sanidade Pública
- Vigo
CIG SAÚDE Vigo convoca asembleas co fin de informar sobre as novidades que o SERGAS quere engadir no "novo pacto de contratacións"
CIG SAÚDE presentou alegacións ante o SERGAS en contra das novidades que inclúe a proposta do SERGAS na negociación do novo pacto de contratatación.
Ao mesmo tempo CIG SAÚDE informará sobre a OPE extraordinaria convocada no SERGAS na DOG a oferta pública de emprego extraordinaria.
Este proceso de estabilización vaise levar a cabo a través de 2 procesos diferenciados:
- Concurso de méritos: inclúense as prazas ocupadas anteriores a 01/01/2016.
- Concurso-oposición: inclúense as prazas ocupadas nos 3 anos anteriores ao 31/12/2020.
Lugar e data das asembleas:
- H. Álvaro Cunqueiro: luns 6 de xuño. 14:00h. Aula 01
- H. Nicolás Peñas: martes 7 de xuño. 11:00h. Aula de formación.
- H. Meixoeiro: venres 10 de xuño. 14:00h. Salón de actos.
- Gregorio Espino 54, Vigo: luns 13 de xuño. 18:00h. Salón de actos.