Baremación definitiva e publicación dos/das aspirantes seleccionados/as no concurso de méritos de enfermeira/o

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, relativo á baremación definitiva e a publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Publícase, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas. Inclúese no dito anexo I a puntuación desagregada nos distintos puntos do baremo e os datos numéricos utilizados nos criterios de desempate.

IMPORTANTE: publícase como anexo II desta resolución aqueles aspirantes que, sen resultar seleccionados/as nel, figuran en orde de puntuación nos vinte postos seguintes aos definitivamente seleccionados na quenda de acceso libre, e nos cinco postos seguintes na quenda de discapacidade, para os efectos de que acheguen a documentación indicada na forma e prazos establecido neste punto.

Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación (do 17 de xuño ao 16 de xullo de 2023):

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos, de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse neste modelo.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Volver