Baremación provisional do concurso de méritos do persoal estatutario de investigación
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícanse as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes admitidos/as no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas seguintes categorías de persoal investigador:
– Investigador sanitario-subgrupo C1.
– Investigador sanitario-subgrupo A1.
– Investigador non sanitario-subgrupo A1.
Os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (do 1 ao 14 de outubro).
Novas Relacionadas
Últimas novas