Carreira profesional: convocatoria 2024

Publicado hoxe en DOG

  • Carreira profesional

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV da carreira profesional correspondente ao ano 2024.

Prazo de presentación de solicitudes do 21 de agosto ata o 30 de setembro.

Con independencia do prazo que se establece para presentar as solicitudes, este requisito de estar en servizo activo (ou ter reserva de praza) entenderase referido a calquera día entre o 1 de agosto e o 30 de setembro.

Valoraranse exclusivamente os méritos acadados durante o período en que o/a profesional permaneceu encadrado/a no grao inmediatamente inferior.

Serán valorados os méritos acadados ata o último día do prazo de presentación de solicitudes (30 de setembro de 2024).

Tal e como dispón a Orde do 1 de marzo de 2022, a avaliación da epígrafe de competencias persoais (incluídas na área I do baremo) realizarase con base nunha avaliación 180 a través dun ou varios cuestionarios; os cuestionarios contarán con preguntas relacionadas coas competencias persoais definidas na propia orde e referiranse a condutas observables e específicas relacionadas con esas competencias; estarán á disposición dos/das profesionais na Oficina Virtual do Profesional; serán cubertos, de xeito obxectivo, polo/a propio/a profesional (autoavaliación), polo/a seu/súa superior xerárquico/a ou responsable directo/a e por tres pares ou iguais, e a súa formalización realizarase de forma anónima e será obrigatoria.

Os cuestionarios dirixidos a valorar as competencias persoais estarán dispoñibles, para esta convocatoria, durante o mes de outubro.

Pola súa relevancia estratéxica, para impulsar a participación dos profesionais nos procesos de carreira profesional, a formalización por un/unha profesional de todos os cuestionarios de avaliación de competencias persoais que lle sexan requiridos valorarase con 1 punto dentro da área IV do baremo (implicación e compromiso coa organización).

Para fomentar o coñecemento acerca das persoas xordas e da linguaxe de signos, facilitar as estratexias comunicativas e dar a coñecer a figura do/a intérprete de lingua de signos no ámbito sanitario tamén se valorará con 1 punto dentro da área IV do baremo (implicación e compromiso coa organización) a realización do curso: a comunicación coas persoas xordas na consulta. Código 2413898.

https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/DetalleActividade.aspx?CodCurso=93F49CFAFF48DDC80A746BE27DFCCCB1

A resolución sobre o recoñecemento de grao ditarase no prazo dos tres meses seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non ditarse a resolución nese prazo, a solicitude entenderase desestimada.

As resolucións estimatorias de recoñecemento de grao terán efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2025. Con independencia destes efectos económicos, o cómputo da permanencia para acceder ao grao seguinte iniciarase o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Publicados tamén hoxe en DOG novos acordos da Comisión de Seguimento de Carreira Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican catro acordos da Comisión de Seguimento da carreira profesional.

Acordo 1. Cómputo de permanencia. Escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Acordo 2. Consideración dos postos de xefatura, coordinación e directivos como destino definitivo do persoal estatutario fixo.

Acordo 3. Situacións excepcionais para os efectos de baremo e avaliación dos períodos nos que non se desempeñaron funcións propias da categoría/especialidade cuxo novo grao se solicita.

Acordo 4. Situación excepcional para os efectos de baremo e avaliación mentres non se desenvolve a área II.

Volver